Xa tedes dispoñible na sección «Propostas e asignacións» do MooVi a listaxe actualizada de asignacións de TFM para este curso 2024/2025. Por favor, comprobade que a vosa asignación atópase nesta listaxe e que os seus datos son correctos.
Nesta mesma sección tamén tedes dispoñible a listaxe de propostas recibidas para a realización de TFM neste curso 2024/2025. Na carpeta «Propostas» podedes atopar máis información sobre cada unha das ofertas presentadas.
A partires deste momento, aqueles que aínda non teñades asignado TFM podedes poñervos en contacto co profesorado titor que fai as ofertas que sexan do voso interese. Unha vez acordada a realización dun TFM coa persoa titora, será esta última a encargada de notificar o acordo á Coordinación de Traballos Fin de Titulación mediante o envío á dirección teleco.tfg.tfm@uvigo.gal da solicitude TFM-MUIoT-Solicitude_asignacion_titor_e_tema.doc que se atopa nesta sección, asinada por todas as partes.
O prazo para comunicar os acordos de realización de TFM remata o 21 de marzo.